Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NON DEBEU FALTAR

€15,00
ISBN 9788412340938

Unha mirada é suficiente para que prenda o amor, un dos feitos máis extraordinarios da condición humana. Pero moitas veces ese amor é declarado ilegal e os amantes son perseguidos, renovándose dese xeito a historia do amor condenado, prohibido e reprimido. Pero tamén decote sucede que os amantes non están sós. A súa astucia, resistencia e convicción conta coa lealdade dos amigos, que poñen ouvido e corazón sobre a presenza firme dun amor renovado no formidable do seu emerxer, comezando así unha peripecia que será unha loita máis a favor do coñecemento e da liberdade. Velaquí a cerna desta excelente novela na que a meditación sobre o sentido da vida se une á reflexión sobre o sentido da resistencia, de presentarlle batalla á inxustiza e a opresión que impiden o aberto movemento da vida en toda a súa desexada potencia.


____

Editorial: TOXOSOUTOS
Idioma: Galego