Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NAVEGAR É PRECISO: BREVE HISTORIA DO MUNDO ATLÁNTICO

€18,00
ISBN 9788476807545
O século XV marca o inicio da expansión imperial europea a escala global. Foi nesa centuria cando os europeos bordean toda a costa atlántica africana instalando alí postos comerciais e bases de fornecemento que lles permitían dominar as rutas comerciais desprazando aos árabes do comercio subsahariano; cando chegan á India establecendo a primeira ruta comercial que unía a Península Ibérica coas terras das especies e con Asia e cando descobren América convertindo ao Atlántico durante cincocentos anos no eixo arredor do que xirou toda a historia mundial. È coas expedicións dos pobos ibéricos cando o concepto de globalización comeza a tomar forma. È tamén agora cando se colocan os alicerces dos que serán os grandes imperios coloniais europeos que exportan e impoñen os seus modelos políticos, económicos e culturais na meirande parte do mundo. È tamén agora cando algunhas linguas europeas (o portugués primeiro, o español, o francés e o inglés) viran en linguaxes internacionais que hoxe son matriciais para máis de mil millóns de persoas e de comunicación global para outros milleiros. O s.XV resultou fundamental para o nacemento do Mundo Moderno. E todo comezou con Portugal.

____

Editorial: Ir Indo 10-2020
Idioma: Galego