{"product_id":"nakba","title":"NAKBA","description":"\u003cp class=\"product_title entry-title\"\u003e\u003cstrong\u003e51º Premio de Poesía de Vilalba.\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNakba («Catástrofe», en árabe) é o título do novo libro da poeta Patricia Torrado Queiruga, os versos cos que gañou en 2025 o\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003ePremio de Poesía de Vilalba\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ee que publica Alvarellos Editora en febreiro de 2026. Nunha edición ilustrada pola artista gazatí\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eReem M Al-Arqan\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003ee que inclúe a\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003etradución dos poemas\u003c\/strong\u003e, dende o galego orixinal, tamén en\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003ecastelán, inglés\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(a cargo da propia autora) e ao\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eárabe\u003c\/strong\u003e\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e(neste caso, na versión de\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eOmneia Sadek El-Shahat\u003c\/strong\u003e).\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNakba é un poemario de denuncia,\u003cspan\u003e \u003c\/span\u003e\u003cstrong\u003eun berro indignado contra o xenocidio dun pobo\u003c\/strong\u003e, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquiem».\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNasser Rabah\u003c\/strong\u003e, un dos poetas máis relevantes poetas palestinos actuais, asina o Limiar, baixo o título: «Esta obra é un conxunto de voces que explican ao mundo que fomos e que nos ocorreu (…) os nosos soños, o son do noso pranto e os nosos gritos», afirma.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eTanto a ilustradora Reem como Nasser Rabad levan vivindo na Franxa de Gaza todo o conflito.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003eNakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquiem».\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eCon Limiar de Nasser Rabah.\u003cbr\u003e\u003cstrong\u003e\u003c\/strong\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cstrong\u003ePatricia Torrado Queiruga\u003c\/strong\u003e (Porto do Son, 1987) se licenció en Filosofía en Santiago de Compostela y posteriormente obtuvo el Máster en Museología y Museos en la Universidad de Alcalá. Poeta y activista cultural, fue también editora. Es autora de \u003cem\u003eHerdar a fala\u003c\/em\u003e (Premio de Poesía Torre de Caldaloba, 2020), del cuento \u003cem\u003eDon Carlos e o misterio dos lucecús\u003c\/em\u003e (2021), \u003cem\u003eBolboretario do confinamento\u003c\/em\u003e (2022) y \u003cem\u003eOuveos fractais\u003c\/em\u003e (2024). Su narración «Silencios náufragos» resultó ganadora en 2020 en el Certame Manuel Murguía de Arteixo, y varios de sus microrrelatos fueron distinguidos en varias ediciones del Certame de Vilalba y en Carballo. Con\u003cem\u003e Nakba\u003c\/em\u003e logró en 2025 el Premio de Poesía de Vilalba en su edición número 51.\u003cbr\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cform enctype=\"multipart\/form-data\" method=\"post\" action=\"https:\/\/alvarelloseditora.gal\/libro\/viajes-y-yantares-por-galicia\/\" class=\"cart\"\u003e\u003c\/form\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Alvarellos 02-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 173\u003cbr\u003ePOESÍA\u003c\/p\u003e","brand":"PATRICIA TORRADO QUEIRUGA","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":52918386196827,"sku":"9788418567919","price":16.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/Nakba-alvarellos-ed-2026-600x910.jpg?v=1777980321","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/nakba","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}