Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

NA NÉBOA

€12,00
ISBN 9788412128062
Na néboa, publicada orixinalmente en 1901, é unha hábil historia detectivesca –só que sen detectives– e asemade un logrado exemplo de novela enigma. Como acontece con outros textos do autor, a aposta decidida polo humor e o entretemento intelixente serán claves no artellamento da trama, unha sorte de whodunit, onde de maneira lúdica e misteriosa se lanzan pistas até por fin chegar á resolución do caso, algo no que anos máis tarde destacarían a nivel internacional autores como Agatha Christie ou o tándem Ellery Queen. Ao día seguinte da gran néboa londiniense de 1897, varios membros dun selecto club, The Grill, recompoñen pouco e pouco o crebacabezas dun presumible dobre asasinato. Tras a demorada reconstrución que conforma o relato marco, ateigada de especulacións, testemuños e narracións intercaladas, un xiro inesperado conduce ao que a crítica definiu, de forma unánime, como un enxeñoso final. Outros engados da obra están na recreación da atmosfera bretemosa e melancólica da capital inglesa, na axilidade dos diálogos, no continuo xogo cos clixés e na utilización, levemente burleira, de personaxes de avoengo (parlamentarios, nobres, princesas rusas…), que se moven e discuten nun atractivo ambiente vitoriano.

Este opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.        

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego