Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

NA MEMORIA DO POBO. OFICIOS, CONTOS E CANTIGAS

€14,00
ISBN WP387
Na memoria do pobo. oficios, contos e cantigas ofrece un conxunto de experiencias de máis de sesenta persoas, a maioría vivas, que nos falan das súas vivencias e saberes así como dos seus sentimentos e recordos. A través deles achegámonos á cultura popular do século XX.

Quéreselle dar a palabra á xente do pobo, dado que compón e forma parte da historia de Galicia, porque a historia se artella coas súas vidas. A linguaxe empregada nesta obra, agás nos comentarios da autora é a propia destas persoas. Tratouse de transcribila o máis literalmente posible para achegar así unha información en canto á fala que resulta interesante. Ao longo do texto aparecen vinte e dous oficios, a maioría deles xa desaparecidos, en proceso de extinción ou de transformación. Os testemuños daquelas persoas que os levaron a cabo axudan a ver claramente a transformación sufrida pola sociedade do rural galego. Tamén se fala nesta obra das festas e das romarías, dos actos sociais e festas de familia. A miúdo todo está complementado con contos e cantigas populares. Deste xeito queda plasmada no texto non só a riqueza cultural e material, senón tamén a riqueza espiritual do pobo galego.

____