Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

MURGUÍA. UN SÉCULO DESPOIS

€14,95
ISBN 9788484876090

Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, Manuel Murguía combinou a militancia galeguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, o historiador da nación galega por excelencia, un conflitivo funcionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidente da Academia Galega.
Compartiu con Rosaía de Castro tres décadas intensas, unha familia, moitos proxectos e á memoria e grandeza dela dedicou, con seus erros e acertos , unha morea de esforzos.
Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia de Galicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro, o Diccionario de Escritores, El regionalismo gallego, El arte en Santiago durante el siglo XVIII, Diego Gelmírez ou Los trovadores gallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Sen esquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz e Los precursores, memoria da súa vida e do seu tempo.
Cen anos despois do seu pasamento, Henrique Rabuñal apreixa a súa biografia intelectual para sabermos máis de nós mesmos, para calibrar a su valía das súas achegas e dos seus devezos, sempre encamiñados no servizo a Galiza e na defensa dos seus intereses, dignidade e soberanía.


_____

Editorial: Laiovento 01-2023

Idioma: Galego