Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña,1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalia de Castro.
Malia que non poido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolesciencia.
As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados <
A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.
_____
Editorial: Alvarellos 05-2023
Idioma: Galego