Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MURGUÍA Nº 38

por VV.AA.
€13,00
ISBN 97716969197
Revista galega de historia. Co presente volume de Murguía, Revista Galega de Historia pechamos unha década e media de vida da publicación, que celebramos cun cambio de imaxe co que lembramos ás xentes das Irmandades da Fala e da Xeración Nós.

E é que, como é natural, participamos activamente na conmemoración do centenario de ambas realidades, que abriron un tempo de modernización e institucionalización do feito diferencial galego a inicios do pasado século XX. Abrindo unha tradición, asentada no activismo rexionalista de finais do s.XIX, que foi rachada abruptamente polo golpe militar de 1936 e que perviviu entre o exilio e a clandestinidade no interior (ou marxinación, no mellor dos casos), durante a ditadura franquista, para relanzarse na década dos ’70 do pasado século. No presente número de Murguía, Revista Galega de Historia presentamos na sección Fontes un texto, da autoría do profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, arredor do exilio galeguista en Francia que introduce a reprodución do primeiro número do boletín Galicia editado no 1945 polo “Frente Libertador Galego”. Na apartado de Investigacións,  o profesor da Universidade de Deusto Xosé Estévez reflexiona sobre o recoñecemento de Galiza como nación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas de 1933, con motivo do oitenta e cinco aniversario daquel histórico encontro. O  investigador Adolfo de Abel Vilela achéganos ao posicionamento da Igrexa Católica luguesa diante do golpe militar de xullo de 1936, para o docente Carlos Méixome realizar a seguir unha abordaxe á militancia e compromiso político de Xabier Alonso Salgueiro, falecido temperamente no 1989. Pechando a devandita sección o investigador e tamén docente Xohán Xavier Baldomir, quen presenta un artigo arredor do entremés galego de Salvador Francisco Roel que data no 1707. Na sección A Entrevista, rescatamos unha conversa que mantivera Enric González co historiador Josep Fontana para Jot Down, e que publicaramos en tempo real traducida ao galego na web de Murguía, Revista Galega de Historia. Unha conversa de grande actualidade e que publicamos cando se vén de producir o falecemento do grande historiador catalán. En Lembranzas recordamos a figura e obra de Alfredo Brañas, do que se vai cumprir o cento sesenta aniversario do seu nacemento. En Museos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares Pedro Inicio retrotráenos ao inicios e presente da Biblioteca da Universidade da Coruña. En Lecturas, os historiadores Gustavo Hervella, Prudencio Viveiro Mogo e Alberte Lago Villaverde recensionan as obras Galicia no labirinto da nova política, de Xoán Hermida González, Fernando VII de Emilio La Parra e The Ancient Celts de Barry Cunliffe, respectivamente. Por último, en A Rede visitamos as webs do Museo de Historia Natural da Universidade da Coruña e do Museo Provincial de Lugo, animando aos nosos lectores e lectoras a que visiten ambos espazos elect


____

Editorial: Instituto galego historia
Idioma: Gallego