{"product_id":"murguia-52-53","title":"MURGUIA 52-53  REVISTA GALEGA DE HISTORIA","description":"\u003cp\u003eDesde as páxinas de Murguía, Revista Galega de Historia temos, novamente, que denunciar o xenocidio que Israel está a perpetrar co pobo palestino e, particularmente, coa poboación de Gaza, coa complicidade dunha comunidade internacional que, para alén de retórica e posicionamentos puntuais en favor do alto ao fogo, non fai nada a efectos prácticos para que non siga a materializarse o exterminio de devandito pobo. Un pobo que resiste, exemplarmente, desde a máis absoluta adversidade e falta de recursos… Desde outubro de 2023, perto de 70.000 persoas foron asasinadas na franxa de Gaza, das que 20.000 eran crianzas (ao que sumar 170.000 feridos e feridas graves), sendo 2025 o ano no que máis palestinos e palestinas morreran a causa do xenocidio, desde o ano 1967, no que Israel ocupou Gaza, Cisxordania e Xerusalén Este… A esta realidade sumouse a guerra aberta dos Estados Unidos de América xunto a Israel contra Irán, dando lugar este último país a unha resistencia coa que, semella, non contaban os gobernos estadounidense e israelí. Agardamos que, máis pronto que tarde, cese a política imperialista e xenocida que protagoniza unha e outra fronte bélica -ao igual que outras existentes no mundo-, sendo xulgados no Tribunal Penal Internacional os seus responsábeis (lembremos que desde 2024 o TPI emitiu orde de detención contra o presidente israelí Netanyahu e o exministro de Defensa Yoav Gallant por crimes de guerra e crimes de lesa humanidade en Gaz\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNo presente número abrimos a sección\u003cstrong\u003e\u003cem\u003e Fontes\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e coa edición e comentario dunha doazón a San Vicente do Pino en tempos da raíña Urraca, autoría dos investigadores Miguel García-Fernández, do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia) e do Instituto Galego de Historia, e Ricardo Pichel, da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e do Instituto da Lingua Galega (ILGA). A seguir presentamos unha achega do investigador Carlos Dias Diegues, do Instituto Galego de Historia e da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, arredor do «Manifesto de Bueu», de xullo de 1981, após as primeiras eleccións democráticas a nivel municipal do ano 1979, e enmarcado nas tensións entre os novos concellos e o poder da Deputación de Pontevedra, no que afloran as continuidades da ditadura franquista no marco do pro-\u003cbr\u003eceso de Transición democrática.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNa sección\u003cem\u003e\u003cstrong\u003e Investigacións\u003c\/strong\u003e\u003c\/em\u003e o historiador Dionísio Pereira analiza a presenza galega na intervención colonial española no Maghreb, reflexionando sobre a posición destes e se foron submisos ou ficaron invisibilizados. Xosé Velo Mosquera e a súa participación no marco do Galeuzca de Venezuela no exilio e no Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) ocupan as páxinas seguintes deste volume, da man do historiador Xosé Estévez, profesor xubilado da Universidade de Deusto e investigador do Instituto Galego de Historia e da Cátedra de Memoria Histórica da UDC. A visión sobre o DRIL fica ampliada neste número de \u003cem\u003eMurguía, Revista Galega de Historia\u003c\/em\u003e da man de Fermí Rubiralta i Casas, da Societat Catalana d’Estudis Històrics, quen analiza a presenza catalá na devandita organización armada democrática antifranquista e antisalazarisa. Peche esta sección o investigador Álvaro Pérez Montero, quen se centra na raiceira republicana da candidatura electoral do Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) no concello ourensán de Montederramo e os resultados obtidos pola mesma nas primeiras eleccións após a ditadura franquista.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eA continuación, na sección \u003cem\u003e\u003cstrong\u003eA Entrevista\u003c\/strong\u003e\u003c\/em\u003e, o director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC, e director de \u003cstrong\u003e\u003cem\u003eMurguía, Revista Galega de Historia\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, conversa co referente da recuperación da memoria histórica democrática Manuel Monge. Na sección Lembranzas introduce, a seguir, o historiador Prudencio Viveiro Mogo, do Instituto Galego de Historia, a figura de Santiago Iglesias Pantín, emigrante galego en Porto Rico que chegou a ser membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eNa sección \u003cstrong\u003e\u003cem\u003eMuseos, Arquivos, Bibliotecas e Lugares,\u003c\/em\u003e \u003c\/strong\u003evisitamos o Museo do Aljube Resistência e Liberdade, sito en Lisboa, dedicado á história e à memória do combate à ditadura de Salazar e ao reconhecimento da resistência em prol da liberdade e da democracia. Na sección \u003cstrong\u003e\u003cem\u003eLecturas\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e, destacando De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó. Venturas e desventuras do Libro dos bispos de Yrea e Santiago, autoría de Ramón Mariño Paz e José António Souto Cabo; «Ese vento que vai sóbor da terra». A vida desmedida de Basilio Álvarez, de Miguel Cabo Villaverde; Sagas empresariais de Santiago, de Miguel Cabo Villaverde e Rafael García Ferreira; Retazos de cine: 50 años de cine y Compostela 1965-2015, autoría de Ángel Luis Hueso; How the War was Won Air-Sea Power and Allied Victory in World War II e Who Wins Wars – and Why de Phillips Payson O’Brien. Pechamos a presente volume coa sección \u003cem\u003e\u003cstrong\u003eA Rede\u003c\/strong\u003e\u003c\/em\u003e, cunha achega de Xurxo Ferrer Montero, investigador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento que reflexiona sobre a Historia de Galiza a través do territorio, presentando tres recursos para a súa investigación.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e***\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eO 20 de febreiro, do presente ano 2026, recibimos con profunda tristeza a nova do falecemento do amigo Francisco Xabier Redondo Abal, bibliotecario da USC e magnífico historiador, comprometido coa recuperación da memoria histórica democrática, colaborador de \u003cstrong\u003e\u003cem\u003eMurguía, Revista Galega de Historia\u003c\/em\u003e\u003c\/strong\u003e ao longo de máis de dúas décadas. Enviamos desde estas páxinas o noso máis sentido pésame á súa familia, recomendando aos nosos lectores e lectoras o libro póstumo da súa autoría, ao que tanto tempo e paixón dedicou, como el mesmo nos comentaba un par de meses antes do seu pasamento, intitulado \u003cem\u003eUn demócrata fronte á barbarie fascista. Vida e martirio de Enrique Peinador Porrúa, republicano galeguista (1902-1940)\u003c\/em\u003e (2026). Compostela, Laiovento.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e______\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Instituto Galego Historia 10-2026\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 243\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eREVISTA GALEGA DE HISTORIA\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"VV.AA.","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54551051305307,"sku":"9771696919006","price":13.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/833414495_1500712598533832_378469012605667873_n.jpg?v=1793312381","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/murguia-52-53","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}