Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MONTEDIDIO

Agotado
€14,00
ISBN WP2319
Non é Xerusalén, é Nápoles, e un barrio seu de nome solemne e abusivo, Montedidio, Monte de Deus, onde ferve a vida dun denso xentío e onde nin sequera os mortos están quietos. Aos trece anos un rapaz iníciase no traballo, no italiano e no amor. Adéstrase en segredo para facer voar un máxico anaco de madeira.

Non é Xerusalén, é Nápoles, e un barrio seu de nome solemne e abusivo, Montedidio, Monte de Deus, onde ferve a vida dun denso xentío e onde nin sequera os mortos están quietos. Aos trece anos un rapaz iníciase no traballo, no italiano e no amor. Adéstrase en segredo para facer voar un máxico anaco de madeira. A un novo amigo seu, un vello zapateiro xudeu chegado do norte de Europa, cúmpreselle finalmente unha profecía, baixo a forma dun bater de ás. O protagonista é un lugar, Montedidio, unha elevación habitada dende hai milenios, con estratos de ósos e cinzas volcánicas. Dende o alto dunha das súas terrazas a media noite de fin de ano estoupa coma un cráter, liberando voos, abrindo precipicios.

____