Este libro é unha especie de atlas de xeografía mítica de Terra de Montes. Presentamos aquí a segunda edición desta obra, publicada orixinalmente no ano 2008 por Serpe Bichoca, e que ofrece ilustracións e fotografías en branco e negro. Un material para quen teña interese en descubrir a pé a singularidade material e inmaterial do monte Seixo, mesmo aqueles túneles míticos que comunican o Castro Grande con Pozo Sanguento, ou Fontefría co monte de Costoia. Na descrición do camiño non falta detalle do mundo máxico da montaña, desde a cidade de Trentinán, ata o Marco do Vento ou Portalén
____