Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MOMENTOS ESTELARES DA HUMANIDADE

€18,00
ISBN WP16356
14 miniaturas históricas, 14 momentos "brillantes e inmutábeis coma estrelas, iluminan co seu resplandor a noite do efémero".

STEFAN ZWEIG
Viena, 1881; Petrópolis, 1942 Foi un escritor, novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e biógrafo austríaco de orixe xudía. Doutorado en Filosofía, residiu en París, Londres, e viaxou por España, Italia, Holanda, India, Norteamé-rica e Panamá, ata que en 1919 regresou a Austria, de onde fuxiu en 1934 pola chegada dos nazis a Alemaña. Declarado pacifista fronte á I Guerra Mundial, denunciou a barbarie bélica nun dos poemas do seu primeiro gran libro. Ademais de poeta, influenciado por autores como Rilke e Verhaeren, creou tamén obras de teatro, novelas, relatos e biografías, ademais de ensaios históricos e literarios que acadaron moita popularidade. Ata a súa morte foi un dos escritores máis famosos e con máis lectores e lectoras no mundo. A hexemonía de Hitler en Europa e as atrocidade do nazismo durante a II Guerra Mundial levárono ao suicidio, xunto coa súa muller, durante o seu exilio no Brasil. "Saúdo a todos os meus. Ogallá poidan ver o amencer logo desta longa noite. Eu, impaciente de máis, marcho antes de aquí", escribiu na súa carta de despedida.

____

Editorial: Kalandraka
Idioma: Gallego