Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MOCIDADE SEN DEUS

€12,50
ISBN 9788494541155

Escrita en 1937 e prohibida polo réxime nazi en 1938, Mocidade sen deus ofrécenos un relato, sutil e cru a un tempo, do imparable avance do pensamento totalitario no seu tempo, do paulatino embrutecemento dunha sociedade.



Un mestre de escola reprende a un alumno por un comentario racista nunha redacción só para recibir as ameazas do pai do rapaz e a reprobación do director do centro. Esta é a premisa da que parte a que foi a derradeira obra do escritor austríaco Ödön von Horváth —e que lle custaría o exilio—. Ödön von Horváth (1901-1938) foi un novelista e dramaturgo de orixe austrohúngara. Comezou a escribir en 1920, mentres estudaba na universidade de Múnic, que abandonaría sen licenciarse para trasladarse a Berlín, onde consolidou a súa carreira literaria. Detractor do movemento nazi desde os seus inicios, en 1933 trasládase a Viena. En 1938, tras a anexión de Austria e a prohibición das súas obras a raíz da publicación de Mocidade sen deus, exíliase en París. Apenas uns meses despois, morre dun golpe na cabeza ao caerlle enriba a póla dunha árbore nos Campos Elisios.  

____

Editorial: Irmás Cartone
Idioma: Gallego