Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

MITOS E LENDAS CELTAS

€15,00
ISBN WP2721
Estas lendas constitúen unha conexión entre as dúas tradicións literarias e foron recollidas primeiro en forma escrita na Irlanda paleocristiá, que non sentira o influxo directo de Roma. Estes primeiros escritos mitolóxicos foron rexistrados por un pobo para o cal estes relatos eran aínda unha forza vibrante nas súas vidas

Un dos aspectos máis significativos dos mitos irlandeses é que foron recollidos antes de que nacese a literatura da Europa moderna e cando a enerxía literaria do mundo clásico xa morrera. Estas lendas constitúen unha conexión entre as dúas tradicións literarias e foron recollidas primeiro en forma escrita na Irlanda paleocristiá, que non sentira o influxo directo de Roma. Estes primeiros escritos mitolóxicos foron rexistrados por un pobo para o cal estes relatos eran aínda unha forza vibrante nas súas vidas e que, quizais, herdara unha literatura rudimentaria derivada das antigas fontes celtas. Os homes que escribiron os mitos comezaron a emerxer como os primeiros eruditos clásicos do mundo moderno.

____