MENTINDO CON MESTRÍA: MONTAXES FOTOGRÁFICAS DE AUGUSTO PACHECO (1948-1973)
por A Mir(a)nda
€17,00
ISBN 9788445354629
Mostra sobre o papel da fotografía na construción da realidade da man das fotomontaxes.
A exposición recolle diferentes obras de fotomontaxe do fotógrafo ourensán Augusto Pacheco, e trata de amosar como o recurso da fotomontaxe dentro do campo da fotografía representa un elemento creador en si mesmo e de reflexión.
Comisariada por Vítor Vaqueiro, Ánxel Huete e Manuel Pérez Rúa, expón fondos do Museo Etnolóxico pertencentes ao Fondo Pacheco.
Catálogo da exposición temporal co mesmo título.
_____
Editorial: XUNTA 05-2024
Idioma: Galego