Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

MENOS QUE HUMANO

€16,00
ISBN 9788411764919

Por medio de tres fotografías e varios documentos autobiográficos que caen en mans do narrador, revélansenos algúns episodios da infancia e da mocidade de Yozo Oba, un inadaptado nato, benxamín dunha podente familia de provincias que cuestiona, desde a máis tenra idade, a hipocrisía, as incongruencias e todo o negativo que para el a humanidade comporta. Na súa incapacidade de comprender os demais, a única forma de se manter incólume é adaptar o papel dun bufón que busca a gargallada fácil de quen o rodea. Na adolescencia, un compañeiro de escola pon ao descuberto a súa farsa e fai dous vaticinios que marcarán a súa vida dun modo aciago. Pouco despois, o protagonista múdase a Toquio para proseguir os seus estudos, onde, traizoará as expectativas paternas e caerá nunha espiral de alcol, mulleres e comportamentos destrutivos.
A gran novela de Osamu Dazai (1909-1948), un dos máis relevantes escritores da literatura xaponesa da primeira metade do século XX, malia a súa curta e azarosa vida.

___

Editorial: Galaxia 09-2025
Idioma: galego
Páxinas: 116
LITERATURA UNIVERSAL