Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MEMORIAS DO FAMOSO ANANO JOSEPH BORUWLASKI

€14,00
ISBN 9788492866632
Nestas memorias o autor narra o seu periplo por varias das máis importantes cortes europeas do século XVIII: Polonia, Austria-Hungría, Baviera, Alemaña, Holanda, Francia e Gran Bretaña, onde dá concertos, participa en banquetes e reunións e causa unha gran sensación, nun primeiro momento pola súa condición de anano e, unha vez que era coñecido e tratado, acababa gañando os favores da nobreza pola súa intelixencia, calidades, educación e bo trato.

Porén, como afirma o mesmo Joujou, nestas memorias non só procura narrar as súas estancias nas cortes e pór de manifesto o seu agradecemento por todas as persoas que se interesaron pola súa sorte, senón que tamén intenta describir os seus máis profundos pensamentos e sentimentos, compartir os seus praceres máis doces e os seus peores infortunios e intentar xustificar as súas accións coma un simple home que escapa á condición de anano.

____

Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego