Esta novela recrea as guerras de cántabros, ástures e galaicos contra o invasor romano e a súa heroica resistencia final no mítico Medulio. A través do cántabro Laro e do galaico Camalo o lector sumérxese nos costumes e a civilización do Norte de Hispania. Pero tamén se presenta a visión romana da conquista por medio dos recordos do mozo Décimo Xunio Bruto. Dous mundos moi diferentes (ou non tanto) que aportan cada un os seus mitos e a súa forma de ser e que configuraron a partir de entón as características do Norte. Roma impuxo a súa visión do mundo, certamente civilizadora, pero non puido acabar totalmente co que xa existía.
Índice
Libro primeiro: O pobo dos penedos..
O vixía.
A Árbore da Vida e da Morte ..
Laro, o lobo.
Deva
Libro segundo: Os Fillos da Loba...
A voz das imaxes
O Príncipe.
Vellica
Libro terceiro: Medulio
As tebras do lobo
O último cumio
Epilogo
Nota final do autor.
Glosario dos principais lugares e nomes propios.
Mapas.
____
Editorial: TOXOSOUTOS 01-2005
Idioma: Galego
Páxinas: 163
NARRATIVA