Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

MEDIO SOL AMARELO

€23,00
ISBN 9788419795878

Medio sol amarelo ambiéntase nun momento clave da historia contemporánea africana: o da loita de Biafra por conseguir a independencia de Nixeria, a finais da década de 1960, e a guerra civil a que deu lugar.

Este conflito cambiará a vida de Olanna, que abandona a comodidade da capital nixeriana para vivir nunha cidade pequena e poeirenta con Odenigbo, profesor universitario de ideas revolucionarias, e co seu servente Ugwu. Kainene, irmá xemelga de Olanna, é unha muller máis práctica e menos idealista, pero a guerra tamén afectará a súa vida e a de Richard, o seu prometido inglés.

Traducido por Moises Barcia

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Nixeria, 1977) pasou a maior parte da súa vida nun campus universitario, primeiro no seu país natal e logo nos Estados Unidos.
En 2003, mentres estudaba en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, moi ben acollida pola crítica. Por ela recibiu non só o Premio Commonwealth Writer ao mellor libro dun autor novel, senón tamén o eloxio do seu admirado Chinua Achebe.
Despois virían Half of a Yellow Sun (2006), The Thing Around Your Neck (2009), Americanah (2013) e Todos teriamos que ser feministas (2014), obras que a confirmaron como autora contemporánea de referencia.

____

Editorial: Rinoceronte 07-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 484
FICCIÓN, NARRATIVA