Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

MARCO FOXO. ROMANCES NOVOS E VELLOS

€12,00
ISBN 8424295367112
O seu cuarto  traballo discográfico, que leva por título ‘Romances lanuxes e novos’, conta coa participación dunha vintena de músicos entre outros o armenio Emmanuel Hovhannisyan e os iranianos Tina Jamegarmi, Mohsen Sharifian e Habibb Meftah acompañan a Marco Foxo coas gaitas, a percusión e o violín nun disco que contará co valor engadido de recuperar romances medievais recollidos por Xosé Lois Foxo nas montañas ourensás, por Valdeorras, Riós, O Bolo e Ou Courel. O artista tamén contará coa colaboración de Daniel García, Óscar Ibañez, Emilio Rua, Lucia Perez e Xabier Biscaíño.

Desde moi pequeno, o mellor xoguete que tivo Marco foi unha gaita. Pero chegou un momento en que decidiu estudar a fondo o instrumento galego por excelencia e empezou a pasar horas e horas, ás veces até oito diarias, arrincándolle ao punteiro notas imposibles. Así se entende como pode interpretar con tanta pureza, como o fixo en varias catedrais, nada menos que a Ave María, de Schubert. Este verán, no Campionato Celtibérico de Gaitas, celebrado en Manzaneda, Marco Foxo proclamouse novamente Campión Peninsular de Gaiteiros Solistas. E logrou outro primeiro premio no apartado de cuartetos enxebres. Sabemos que pronto se editará un traballo discográfico seu en memoria de Xan Míguez, o soado gaiteiro de Ventosela, que viviu entre 1847 e 1912. Míguez foi un gaiteiro innovador, que chegou a triunfar en teatros de Buenos Aires, aínda que seguramente nunca puido imaxinar que mozos continuadores, como Marco Foxo, chegarían a tocar na Gran Muralla Chinesa, ou deixarían pampos aos gaiteiros escoceses e irlandeses de Nova York na gran parada de San Patricio. O campión de gaiteiros é cada vez máis coñecido no exterior e representou a Galicia no Piping Live Glasgow Festival. Inclúe Romance de Doa Ildara, unha cantiga medieval recollida na zona de Ou Courel para cuxa interpretación se empregaron instrumentos como organistrum, zanfona, violín, frauta barroca e pandeiro. 01 – Romance de Gerinaldo 02 – Adelina 03 – Romance de Dona Ildara 04 – Amelia 05 – Romance de Martín García 06 – Rogelio e a moza deshonrada 07 – No bicarelo do bico do brelo 08 – Amor mío. Pastora de Armado. A la luz del cigarro 09 – Coro de emigrados 10 – En el Valle de la Almena


____

Editorial: Son dos Eidos
Idioma: Gallego