Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MAÑÁ VÉN MEU TÍO

€15,20
ISBN 9788491517542

Galaxia publica un álbum infantil sobre o tema das desaparicións forzadas

Está nas librarías de todo o país o álbum infantil titulado Mañá vén meu tío, de Sebastián Santana Camargo. O libro céntrase na ilusión dun cativo por ver ao seu tío, co que sempre xoga ao fútbol e a quen seus país dixeron que virá para quedar uns días. Nun tratamento narrativo no que case que non hai texto, vemos evoluir a vida do cativo ata a morte, a través da ilusión de ver ao tío. Un tío que non chega. Que nunca chega porque alguén o fixo desaparecer. Un libro para que os máis cativos da casa saiban que hai persoas que, por motivos ideolóxicos, son “desaparecidas” por quen non soporta ningunha clase de disidencia.

Cun tratamento gráfico delicado e minimalista, o autor consegue elaborar un relato tenro sobre a vida e os soños, sobre o seu cumprimento mais tamén sobre a frustración de quen agarda e quen ten que chegar non chega porque non lle deixan chegar.

Un álbum diferente dun autor que é referencia no Uruguai e na Arxentina, de onde é orixinario Sabastián Santana Camargo, coma tantos, descendente dunha bisavoa galega. Este libro, que agora publica Galaxia, foi galardoado en 2015 como Mellor Álbum Ilustrado da Arxentina.

____

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego