Ir a contenido
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!
📆 Los pedidos realizados durante Semana Santa se enviarán a partir del 23 de abril. 📦 Gastos de envío 3,50€!

ELISA E MARCELA

€14,95
ISBN 9788482897196

Elisa e Marcela desafiaron as normas do seu tempo e fixeron posible o que parecía imposible: casar.

Elisa e Marcela desafiaron as normas do seu tempo e fixeron posible o que parecía imposible: casar. Velaquí un achegamento, con palabras e imaxes, á súa historia, para non esquecermos das que abriron camiño na liberdade de ser e de querer.
Chega un novo título da colección MIUDIÑOS, que nos achega, a través de palabras e imaxes, a vida de personaxes senlleiros da nosa cultura.
Elisa e Marcela foron dúas mulleres galegas que, a principios do século XX, protagonizaron un feito histórico: casaren, co único obxectivo de estar xuntas. Elisa adoptou a identidade do seu curmán falecido Mario coa finalidade de poder casar coa súa amada Marcela, nunha época na que o amor entre persoas do mesmo sexo estaba prohibido. En 2005, máis de cen anos despois, España aprobou o matrimonio igualitario.
A súa historia segue sendo un exemplo de loita polos dereitos e liberdade, lembrándonos que, aínda que as leis cambian, a valentía de quen loita polo amor e a igualdade perdura

___

Editorial: Cumio 04-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 32
INFANTIL: DE 7 A 9 AÑOS