Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

O LUGAR QUE NON HAI

€12,00
ISBN 9788494856563
O libro co que vén de gañar a 30ª edición do premio Eusebio Lorenzo Baleirón. Nel investiga a dimensión fantasmal do real e os baleiros do idioma. “Intento nomear as cousas coas cousas”, di, “e debuxo paisaxes surrealistas co que hai”. O deambular pola cidade proporciona a materia dun traballo “un pouco filosófico”. Pero son esas “cousas” descritas o que produce “fantasmas, esperpentos”. “A xente nas rúas da cidade, por exemplo, ten unha aparencia fantasmal”, engade. Dalgún xeito, a poesía como mecanismo de desvelamento, aínda que sen invocacións á epifanía.

A práctica poética de Estevo Creus (Cee, 1971) vén delimitando un territorio singular, estrañado. A súa mirada entende a realidade como algo á marxe da percepción común. O mundo revela as súas outras verdades grazas ao poema. Os poemas cos que Creus gañou un dos certames literarios máis veteranos de Galiza foron “concibidos para a oralidade”. “Non estaba moi seguro de se funcionarían como texto escrito, por iso o premio foi unha sorpresa”, admite. Que devolve a Estevo Creus ás librarías logo dun demorado silencio. “A razón”, expón divertido, “é que non lle atopaba moito xeito ao que estaba facendo”. O seu método, ademais, contribúe a estes longos períodos sen publicar: “Escribo de cando en vez, e dun tirón. Obedece tamén ao azar”.

____

Editorial: Chan da Polvora
Idioma: Gallego