LUCES DE ALÉN MAR. AS ESCOLAS DE AMERICANOS EN GALICIA
ISBN 9788492923434
Edición revisada e ampliada.
Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.
O Consello da da Cultura Galega, coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, leva a cabo iniciativas de investigación e recuperación sobre a emigración en América. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e, tamén, a exposición que agora presentamos.
A emigración galega ten características moi singulares que as distingue doutros movementos migratorios. Entre elas destacan accións solidarias e exemplarmente altruístas de emigrantes que financiaron, construíron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas que propiciaron a escolarización e instrución. Sobre esta dimensión xira “Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia”. A mostra naceu ao abeiro dunha efeméride, o centenario fundacional das sociedades galegas de instrución radicadas en América que tivo lugar en 2012. Desde entón a exposición percorreu unha parte representativa dos concellos de Galicia dando a coñecer esta faceta menos coñecida da emigración galega.
A exposición documenta os preto de 250 centros que se fundaron en Galicia e que deron conta dun ideario pedagóxico diferenciado. Estes centros gozaron de híbridos e funcionais plans de estudos; de materiais de ensino innovadores nas escolas do seu tempo; contaron cun profesorado cualificado e impulsaron actividades e institucións complementarias que implicaban acotío os escolares coa veciñanza. Un aperturismo inusitado na Galicia da época que se asentou nas localidades de procedencia dos e das emigrantes.
____
Editorial: Consello da Cultura Galega
Idioma: Castellano