![LOBO RAMÓN](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/800_9788416834211-lobo-ramon_474x700.jpg?v=1615287089)
Ramón é un lobo diferente dos demais, tanto nos gustos da comida coma nos de vestir. Por iso ás veces se sente só. Esta situación anímao a achegarse aos veciños, pero eles téñenlle medo por ser un lobo. Isto tráelle moitos problemas. Será Ramón quen de facer novos amigos?
Velaquí a historia dun lobo diferente que, lonxe de morder, quere facerse amigo da xente.
____
Editorial: OqueleoIdioma: Gallego