Na Antiga Grecia, atenienses e espartanos levan anos enfrontados nunha cruenta guerra que non parece ter fin. Fartas de tanta violencia, inxustiza e soidade, as mulleres, lideradas pola afouta Lisístrata, deciden tomar as rendas da situación e inician unha folga sexual para conseguir a paz.
Esta atrevida e irreverente comedia de Aristófanes que convida a facer o humor e non a guerra leva máis de dous mil anos facendo rir o público.
Traducido por Iria Pedreira Sanjurjo
Aristófanes
Pouco se sabe da vida e circunstancias de Aristófanes (445-385 a.C.), malia ser o autor da Atenas do século v a.C. do que se conservan máis comedias. Probablemente comezou a súa traxectoria como comediógrafo sendo moi novo, con apenas dezaoito anos, e compuxo corenta e catro pezas, das que chegaron ós nosos días once obras integramente conservadas: Os acarnienses, Os cabaleiros, As nubes, A paz, As aves, As avespas, Lisístrata, As Tesmoforias, As ras, A asemblea das mullerese Pluto.