Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O LIBRO DOS OCÉANOS

€21,50
ISBN 9788494591792
Cun deseño atractivo e informativo, e textos ben documentados, co apoio científico da German Ocean Foundation,  un retrato detallado que nos permite comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e os cambios que sofre o mar, un retrato que, alén de convidar á reflexión, se converte nun recurso para a acción.

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… Hai tempo que os nosos mares deixaron de ser fonte de saúde, alimento e benestar. Nas últimas décadas, a contaminación e o espolio dos océanos aumentaron de forma notable. Mais cal é o auténtico estado do meirande ecosistema da Terra? Malia levarmos vivindo dende sempre do mar e co mar, hoxe en día segue a ser un dos territorios máis descoñecidos do planeta. Esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano e, en consecuencia, na ruína do ser humano. Que ameaza o mar? Accidentes en plataformas petrolíferas, remuíños de refugallos plásticos, sobrepesca…: hai tempo que os mares deixaron de ser unicamente lugares de saudade e paraísos vacacionais; nas últimas décadas, a contaminación e o espoliación aumentaron de forma notable. Pero como lle vai en realidade ao meirande ecosistema da Terra? Malia que levamos dende sempre vivindo do mar e vivindo co mar, hoxe en día segue a ser un dos últimos territorios descoñecidos do planeta. Se até a Lúa está mellor investigada que as xigantescas masas de auga que tan importantes son para a Terra. Precisamente esta falta de coñecemento podería converterse na ruína do océano, e a nosa ruína! Para poder protexer este ecosistema tan sensible cómpre que entendamos mellor as relacións que existen entre a acción humana e os os cambios que sofre o biótopo mariño. Con este obxectivo, O libro dos océanos fai un completo retrato dos riscos e das oportunidades que permite ver claramente as relacións e interdependencias. Inclúe 45 gráficos de deseño atractivo e fáciles de comprender.  

____

Editorial: Catro Ventos
Idioma: Castellano