Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

LIBRO DAS COLUNAS

€16,00
ISBN 9788411762113

LIMIAR DE XOSÉ ENRIQUE ACUÑA

Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario A Nosa Terra entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento.
Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, a militancia cidadá, a denuncia social e a loita contra a indulxencia e a conivencia co poder establecido.
Di Luísa Villalta que, entre outras moitas cousas, os libros serven para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas. E así o seguen a facer hoxe estas “colunas” súas, malia os vinte anos que transcorreron. Palabra de Luísa.

LUISA VILLALTA (A Coruña, 1957-2004) poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, filóloga e violinista, deu ao prelo os poemarios Música reservada (1991), Ruido (1995), Rota ao interior do ollo (1995) e En concreto (2004). Da súa obra teatral destacan Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). Como narradora publicou Siléncio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001), e os ensaios O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e Libro das colunas (2005), así como O outro lado da música, a poesía (1999), que agora ve a luz en Editorial Galaxia, ademais de traducións e colaboracións en revistas como Grial,
A Trabe de Ouro, A Festa da Palabra Silenciada, Página Abierta, Mondo Lusofono
 e Tempos Novos.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego