LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO
€22,00
ISBN 9788489323537
Este libro revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.
Outra historia do galeguismo, distinta á oficial.
Este volume recupera a figura esquecida de Leandro Carré Alvarellos (A Coruña, 1888-1976) e a inxente labor cultural do galeguismo coruñés, dende o século XIX ata o período democrático. A obra estuda a súa produción atendendo aos diferentes xéneros literarios, integrando de xeito cronolóxico a obra editada e a inédita. Ao tempo considérase o contexto sociolóxico de cando foi creada e a recepción de crítica e público. O autor fixo un seguimento da crítica na prensa ou noutras fontes que puidesen achegar datos, co fin de encadrar o estudo das obras nun marco de análise sociolóxica, interdisciplinar e coa teoría literaria máis acaída. UNHA REVISIÓN DA CULTURA GALEGA DENDE O SÉCULO XIX Do mesmo xeito, tratouse a extensa obra ensaística deste polígrafo con vocación de activista cultural. Detívose na investigación da literatura popular, da etnografía, do folclore, as tradicións, as lendas ou a mitoloxía galega. Amais da reivindicación cultural ou lingüística; outra actividade importante foi o labor institucional. Alén disto está o servizo de Carré Alvarellos á filoloxía galega, un eido ao que dedicou esforzos e contributos desde a primeira década do século XX até o derradeiro artigo que escribiu. En Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso Xosé Manuel Maceira Fernández revisa a historia literaria e cultural desde o século XIX, á luz dos contributos do grupo coruñés, un colectivo que construíu un relato galeguista enfrontado coa proposta oficial.
Idioma: Gallego

____
Editorial: AlvarellosIdioma: Gallego