![LANCHAS E DORNAS](http://libreriaabrente.es/cdn/shop/products/1806-thickbox_default-lanchas-e-dornas-1806-e1472142311600_478x597.jpg?v=1611240754)
Tese de doutoramento de Staffan Mörling -profesor da Universidade de Lund (Suecia)- que complementa e amplía o estudo das condicións de creación e de mantemento ou desaparición das dúas embarcacións máis significativas en Galicia, a dorna e a lancha xeiteira.
Idioma: Galego
A finais do 2005 publicouse "Lanchas e dornas. A esta-bilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa occidental de Galicia" versión galega dunha obra de Mörling que dous anos antes aparecera en inglés.
Entre outros aspectos o autor analiza o valor identitario da dorna no mar da Arousa e na illa de Ons e o da lancha da Costa da Morte e doutras partes atlánticas. A obra acompáñase de esquemas e fotos deses barcos, xunto con fotos da vida en Ons. Neste estudo, documentase as razóns que fixeron que a dorna e a lancha xeiteira perviviesen máis tempo na actividade pesqueira que outras embarcacións galegas a finais da década dos oitenta do século XX.
____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Galego