É o primeiro dunha serie que busca coñecer as claves para unha vida boa, considerada esta como un saber e unha arte. Empregando a técnica da historia de vida, o autor achéganos ás peripecias biográficas dunha galería de personaxes que, aos seus ollos, encaixan na categoría sublime do vividor.
A diferencia dos manuais de autoaxuda, non trata de combater os males anímicos que nos azoutan mediante (falsas) receitas universais, senón de potenciar as nosas propias capacidades vitais servíndonos do exemplo dos outros. Porque nesta materia o experto pode ser calquera. A primeira entrega está dedicada a Juan Carlos Valle, "Karlotti". Un home que non precisou dunha nutrida conta corrente para inventar unha vida asombrosa e, en moitos aspectos, envexábel.

____