Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

CANTOS DE DOR E LIBERDADE

por V.V. A.A
€19,00
ISBN 9788412593938

Voces galegas por Palestina.

Este libro, que reúne 42 poemas e 12 ilustracións, quere ser máis unha expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino. Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo está a cometer en Gaza, poetas e artistas alzan aquí as súas voces e as súas mans para deixar constancia da dor e da rabia por tanto crime e tanta infamia, mais tamén da esperanza dun futuro de Paz e Liberdade en toda a terra da Palestina.

Os dereitos de autoría  e os beneficios deste libro, impulsado conxuntamente polas entidades solidarias Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Jenín e Pallasos en Rebeldía coa colaboración de BDS-Galiza, e materializado pola editora Tempo Galiza, irán integramente destinados á UNRWA para a axuda humanitaria á poboación de Gaza.

Do río até o mar, Palestina Vencera!

Autores/as:

 Angueira, Anxo; Campo, Marica; Carballeira, Paula; Carrabouxo, Xosé Lois; Castaño, Yolanda; Dacosta, Marta; Darriba, Luz; Diéguez, Lois; Domínguez Alberte, Xoán Carlos; Espinosa, Estíbaliz; Fernández Naval, Francisco X.; Fernández Rial, Rosalía; Gracián, Ánxela; Iglesias, Moncho; Iglesias, Xosé; Ledo, Margarita; Losada Cortizas, Sabela; Lugris, Igor; Nogueira, Arancha; Pedreira, Emma; Rey Pasandín, Laura; Ríos, Eli; Rivas, Manuel; Romero, Medos; Sánchez, Cesáreo; Seixo Fernández, Ricardo; Teixeiro (TeiS), Eva; Val, Marga do; Valcárcel, Xulio L.; Vaqueiro, Vítor; Vilar, Rafa; Villar, Miro

___

Editorial: TEMPO GALIZA 06-2024
Idioma: Galego