Ir a contenido
¡Inauguramos nuestra nueva web bajando los gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Bajamos los gastos de envío a 2,95€! 📦

ILLAS A SOTAVENTO

€17,30
ISBN 9788491215714
Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Covas, que manteñen cos de Arriba unha rivalidade irracional. XXV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta

Os enfrontamentos non cesan nin sequera no verán ou no tempo de lecer e os desafíos e os amores cruzados definen unha historia marcada por un relevante segredo. Eloi e os seus amigos do Prioiro queren construír unha balsa para chegar a unhas illas das que se contan historias fabulosas. As tirapuxas entre ambos os bandos e a construción da embarcación convértense nunha aventura. Mais... os perigos espreitan. Unha apaixonante novela de aventuras, un fermoso canto aos espazos naturais e, en definitiva, unha sorte de viaxe iniciática que a ninguén deixará indiferente. HENRIQUE DACOSTA (Ferrol, 1964) é profesor de profesión e escritor de vocación. Foi gañador en tres ocasións do Certame Carvalho Calero: Mar para todo o sempre (1991), novela; Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1993), relatos; e Unha mada de doce relatos (2006). Tamén publicou Ruiva mulher de esperança no volume Muralla de Crescórnio (1989), finalista no Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella. Ademais, participou en diversas colectáneas de relatos breves. Ten publicado artigos e investigacións lingüísticas e literarias en diversas revistas e periódicos e é colaborador habitual no Diario de Ferrol.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego