Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

IDENTIDADE E AFECTOS PATRIOS

€24,00
ISBN 9788491510826
Os ensaios reunidos neste libro teñen un elo común, que é indagar sobre o proceso de creación e bloqueo da identidade galega e a formación dunha narrativa de Galicia como nación cultural.

O obxectivo é descubrir valores, prácticas e símbolos que cohesionan unha comunidade, de modo que importan menos os feitos históricos e máis os procesos de construción deses símbolos e valores, nos que se advirten ademais momentos de mutación, de resignificación e dunha funcionalidade cambiante. A construción dese repertorio simbólico foi obra, en xeral, de estados-nación que “nacionalizaron” a súa poboación mdiante a escola, o exército, os conflictos territoriais e, ás veces, a relixión. A orixinalidade do caso galego está en que monumentos, festas patrióticas e lugares de memoria foron promovidos por grupos minoritarios que tiveron un apoio esencial das colectivdades de emigrantes en América. Heroes como Pardo de Cela, mártires como os de Carral, líderes ou “traidores” como Xelmírez, bardos como Pondal, referentes próximos e distantes como Portugal ou himno e bandeira son fitos que van marcando o territorio desa identidade construída sobre herdanzas do pasado, como unha “comunidade imaxinaria” proxectada cara ao futuro.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego