Discurso lido no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Anxo Angueira Viturro e resposta da excelentísima señora dona Chus Pato
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 27 de abril de 2024 no Auditorio municipal de Padrón.
O seu discurso centrouse na poética da luz en Rosalía de Castro, un elemento que en Rosalía funciona como símbolo tanto da dimensión social como existencial da súa obra e que reforza dende a reivindicación do espertar político de Galicia nas páxinas de Cantares gallegos ata o reflexo das complexidades do eu nos versos de “Negra sombra”.
____
Editorial: REAL ACADEMIA 01-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 72
DISCURSO ACADEMIA