Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HUGO GUEZETA. O NOSO TEMPO

€14,95
ISBN

Baixo a reivindicación de que chegou a hora de espertar do soño no que estamos sumidos nace ‘O Noso Tempo’, presentado por Hugo Guezeta. O seu primeiro disco de longa duración é un berro a toda unha xeración que vive sumida nun estado de letargo, e á que apela directamente mediante as súas letras para rachar con eses bloqueos que nos impiden avanzar como sociedade e “espertar”.

Con 14 cancións e artistas colaborando da talla de Dakidarría, Nadie González, Temible Olivina, Peter Petrowski, Willow GHZ ou o regreso nunha única canción do seu antigo grupo SonDaRúa, Hugo Guezeta propón un álbum de rap moi versátil, xogando con distintos estilos e adaptándose a bases moi diferentes. Como un seguinte paso na súa evolución musical, ‘O Noso Tempo’ destaca polo seu carácter máis intimista nas súas letras, sen perder o foco reivindicativo que leva marcando a carreira de Hugo.

O labor como produtor de Peter Petrowski, un dos produtores máis destacados da escena galega actual, é fundamental dentro do disco. Desta conexión nace un disco que reflicte as preocupacións internas proxectadas a través da música, nun ton máis reflexivo, pero con contrastes eclécticos e versátiles no musical. Un golpe encima da mesa.

  • TEMAS
  • Espertar (Introdución)
  • De Volta
  • O Noso Tempo
  • Dispara ft SonDaRúa
  • A Toleira
  • Arder ft Dakidarría
  • Meiodía (Interludio)
  • Outra vez
  • Bum Bum!
  • Non Te Creo ft Peter Petrowski
  • Cantare ft Temible Olivina e Nadie González
  • Feridas
  • Queimar A Cidade ft Willow GHZ
  • Sono (Outro)

 

UGO GUEZETA

Un dos mellores rapeiros da última década en Galicia

Hugo Guezeta é un dos maiores representantes do rap en Galicia. Grazas ao éxito colleitado coas súas cancións, que supuxeron e supoñen o himno dalgunhas xeracións de galegos, o rapeiro figura no imaxinario colectivo como unhas das figuras máis significativas deste xénero. A súa carreira en solitario é o seguinte paso na carreira do artista tras SonDaRúa, grupo do que formaba parte e era unha das cabezas visibles, e que é considerado un dos grandes grupos de rap da historia de Galicia.

As súas marcadas letras cun alto carácter reivindicativo son grandes marcas de identidade a nivel social. Como letrista, Hugo é un dos mellores compositores do panorama actual, sendo clara influencia das novas xeracións de rapeiros que están xurdindo neste auxe da música en galego. Mais non só destaca polas súas letras, a súa capacidade de fluír sobre as bases e a súa capacidade para moverse dende ritmos de hip hop máis clásicos ata melodías de reggae posicionan ao artista como un dos artistas máis completos e versátiles do movemento urbano.

O éxito como rapeiro é intrínseco a Hugo Guezeta, xa que tras acumular grandes concertos, premios e fans baixo o paraugas de SonDaRúa, o seu proxecto en solitario non perdeu forza en ningún momento. O seu último álbum O Noso Tempo acumula centos de milleiros de reproducións en plataformas tras só dous meses publicado, confirmando que a pesar de saír no último mes do 2024, o seu foi un dos discos en galego máis destacados e importantes do ano.

Actualmente, e tras o enorme éxito nos concertos de presentación do disco en Mos, A Coruña e Santiago de Compostela, con dous dos tres concertos esgotando entradas, Hugo emprende a súa xira de 2025, onde deixará constancia da súa capacidade e versatilidade como rapeiro, trasladando o seu bo facer no estudo ás salas e festivais. Sen dúbidas, Hugo Guezeta é e será un dos grandes nomes a destacar do panorama urbano neste 2025.


* UB.1