Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HORTA ECOLÓXICA NA GALIZA. GUÍA PRÁCTICA PARA O CULTIVO

€10,00
ISBN 9788496526020
O libro recolle informacións existentes sobre produción ecolóxica, e busca resaltar o que pode ser de utilidade para as hortas galegas. Pretende recoller, tamén, informacións sobre a produción da nosa horta para ver o que pode ser interesante na produción ecolóxica galega

Este texto está pensando para Galiza desde o comezo até o final. O noso país ten condicións ecolóxicas particulares (tipo de solos, clima etc...), e tamén condicións sociais singulares (alén da cultura, organización social e demais, está o reparto das terras, ou o nivel de saber tradicional, por exemplo). De alí que a horta ecolóxica tamén terá as súas propias características. Trátase aquí da horta ecolóxica para autoconsumo, pero tamén se dan claves técnicas para explotacións agrarias que pretendan vivir desta produción.

____

Editorial: Baía
Idioma: Gallego