O leitmotiv da obra é o erotismo, plasmado a través da presentación da intimidade da sensual e anónima protagonista no seu cuarto, arrodeada de peluches que observan, opinan e comentan todo o que fai a súa ama, estrita gobernanta da que viven permanentemente namorados.
De acordo cos criterios desta colección, dedicada á recuperación de creadores clásicos da historieta galega, este volume reúne as tiras da serie "Home Sweet Home", das que é autor Dudi, pseudónimo de Eduardo Galán Blanco (Ferrol, 1957), que se deu a coñecer inicialmente no semanario ferrolán Porta Nova en 1987 e despois no Diario de Galicia a partir de 1988. O leitmotiv da obra é o erotismo, plasmado a través da presentación da intimidade da sensual e anónima protagonista no seu cuarto, arrodeada de peluches que observan, opinan e comentan todo o que fai a súa ama, estrita gobernanta da que viven permanentemente namorados. Salientan tamén as múltiples intertextualidades co cinema, a literatura e os cómics.

____