Contarmos a historia dos vigos que conformaron Vigo. Contármola dende dentro, dándolle voz e protagonismo á cidade, ás rúas, prazas, areais, parques, barrios… e á xente que a forxou. Contármola por xente de aquí, por escritoras e escritores que viven a cidade. e que con estas Historias para coñecermos Vigo achéganlles aos homes e mulleres de dentro e de fóra ese Vigo moderno, plural e creativo, que se está facendo si mesmo decote, mirando ao porvir sen perder de vista que e como fomos.
____
Editorial: Elvira 02-204Idioma: Galego
Páxinas: 144