Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

HISTORIA DUNHA GRANXA AFRICANA

€15,50
ISBN WP2625
Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur.

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A nivel estrutural, é unha novela rica en recursos narratolóxicos —cartas, soños, sermóns, cancións populares, himnos...— e amosa unha solidez que contrasta cun dos seus temas principais: a fraxilidade dos seres humanos. Por outra banda, cabe sinalar o denso pouso alegórico de certas pasaxes, talvez o meirande empezo para os lectores de hoxe.O escenario da historia é unha granxa bóer na semidesértica rexión do Karoo. É alí onde transcorre a infancia de Em, Lyndall e Waldo, dúas nenas e un neno que medran nun mundo inhóspito e cheo de limitacións por mor da relixión, das duras condicións de vida ou do rol reservado ás mulleres. Non hai polo tanto paisaxes exóticas ou idealizadas nin aventuras extravagantes, senón o desencanto e a mirada crítica —tamén colonial, cómpre non enganarse— sobre un mundo no que rara vez os soños lle gañan a partida á crueldade

____