Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HISTORIA DUNHA FOTOGRAFÍA DE XOGUETE

€9,90
ISBN 9788487882364
Este libro acompáñanos nunha viaxe a través do tempo, relatándonos nunha serie de imaxes a historia da fotografía comprendida nunha gran parte dos séculos XIX e XX.

A nosa historia comeza en 1826, ano en que Niepce obén a primeira imaxe fotográfica. Dende os primeiros traballos de claro carácter documental (Talbot, Fenton, Gardner) o medio fotográfico evoluciona na procura dun lugar propio no mundo da Arte. Fronte aos tímidos primeiros pasos que representan os retratos de Margaret Cameron, o pictorialismo de Steichen, o Naturalismo de Emerson ou as singulares paisaxes das rúas de Atget, A entreponte de Stieglitzt marcará o punto de inflexión na busca dunha identidade propia da estética fotográfica, gracias en gran parte, á democratización do medio. A obxectividade dos retratos de Strand ou Sander, ou mesmo as liñas máis experimentais abertas por Blossfeldt ou Moholy-Nagy, evidencian o novo rumbo tomado. Feininger ou Ulessmann serían a posterior confirmación. A nosa viaxe prosegue co legado dos grandes mestres do século XX: Cartier Bresson, Brassai, Capa ou Evans, ou incluso casos máis próximos como o de Suárez, e remata cos traballos rupturistas do segundo tercio do século pasado: Frank, Klein, Clark e Michaels.

Marcos Vilariño


____

Editorial: CEF
Idioma: Gallego