Hilda estao pasando en grande na natureza coa súa nova amiga, a xigante Burku. A única cousa que o faría AÍNDA mellor sería un pouco de neve…
Para cumprir os desexos da súa amiga, Twig decide espertar o home da neve, unha poderosa criatura máxica que trae neve á terra cada ano.
Por desgraza, interromper a soneca do home da neve desata o caos, e Twig vai ter que salvar a natureza e a nova amizade de Hilda antes de que sexa moi tarde!
Únete a Hilda e Twig nesta aventura que te deixará xeado!
Luke Pearson é un debuxante, ilustrador e escritor británico coñecido pola súa serie de cómics ‘Hilda’, a partir da cal se creou a serie de animación homónima para Netflix (gañadora do premio BAFTA na súa categoría e da que foi guionista e coprodutor). Tamén traballou na serie de animación ‘Hora de Aventura’. Foi nominado varias veces ó premio Eisner e levou outros galardóns de renome no eido do cómic infantil e xuvenil.
Traducido por Clara Barcia
____
Editorial: Sushi book 03-2025
Idioma: Galego
Páxina: 56
INFANTIL E XUVENIL