Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

HAI ALGUÉN MÁIS FEROZ CA MIN?

€15,90
ISBN 9788498717358

Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. 

O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. 

Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.

A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana. Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións,e en diversos ámbitos na vida.

Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse.

E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse.

Editorial: OQO editora 06-2025
Idioma: Galego
Páximas: 48
INFANTIL
A PARTIR DE 5 A 6 AÑOS