Unha guía naif, culta e definitiva para coñecer os peixes e peixiños dos mares galegos.
Na «Guía Definitiva dos Peixes da Galiza» describe 51 peixes dos mares galegos, damos conta dos seus Multiple nomes y máis arrexuntamos algunos dos ditos, contos e fantasías que eles protagonizan.
Presentados e representados por parellas en fermosas ilustraciones orixinas, a meirande parte deles cumpren coas condiciones siguientes: son de tamaño pequeno ou mediano; son comunes; e son doados de observar nas augas das costas atlánticas ibéricas no radio de acción dunha persoa que saiba mergullar a pulmón (ou cando menos propulsarse pola superficie da auga cos óculos de mergullo postos).
As orixes desta guía
O proxecto que propiciou este libro de peixes que tes nas mans é consecuencia dunha teima impulsora que ficou latente por moitos anos no corazón do máis novo de nos, de Pancho, a quen sempre lle buliu no corpo a idea de desfacer o galimatías dos nomes dos peixes na Galiza.
Despois de ter asistido ao longo dos anos a centos de debates espontáneos entre xentes do mar sobre cal era ou cal non era o nome de tal ou cal peixe, un día da primeira decena do mes de xaneiro de 2017, segunda feira, Lapeña, toucado de pucho de la, calzado cunhas deportivas Converse e vestido cunha camiseta mordida na fita do pescozo, pantalon de camuflaxe multipetos e casaco, saíu da casa no seu carro, levando por únicas armas un cartafol con 26 láminas orixinais de peixes en parellas disposto a comezar coa recompilación dos nomes que se lle dan aos peixes no país.
Nos catro portos que percorrera naquela primeira aventura faláronlle dela. Nos catro lle dixeron que xa unha muller pasara por alí hai moitos anos preguntando como preguntaba el polos nomes dos peixes. E foi por iso, porque o seu plan orixinal xa non tiña sentido, que o traballo previsto sobre o léxico asociado aos peixes mudou, ao mesmo dia de comezar, nunha investigación detectivesca sobre a identidade dunha lexicógrafa que se lle adiantara 50 anos. A solución do enigma, a chave da identidade desa muller foi resultado dun xiro insospeitado nun lugar ata certo punto inverosímil: a máis traxica e deserta das illas galegas, Coelleira.
Sobre nós mesmos
Nacho Munilla e Pancho Lapeña comparten estirpe, modos de afrontar a vida e actitudes parellas fronte as marabillas da natureza, que eles adoitan ver nas cousas pequenas e minúsculas. O da estirpe compartida ven do feito de proceder ambos da unión dunha muller de Ourense cun home de Soria. Tan improbable circunstancia explica o nome que lle dan ao seu proxecto editorial conxunto: sorianourensana de libros. Nacho é doutor en bioloxía amante do estudo e contemplación dos mares e das criaturas que neles viven. Pancho fai por combinar disciplinas aparentemente inmiscibles como a arte musivaria e a filosofía. Pancho é un gran mergullador, Nacho deféndese mellor na superficie.
_____
Editorial: sorianourensana de libros 2021Idioma: galego
Tapa dura, Color
Páxinas 120