Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GRIAL 209 XANEIRO, FEBREIRO, MARZO 2016

€12,00
ISBN WP4661
Nova política? O número 209 de GRIAL titúlase "Nova política?": con esa interrogante exprésase que na vertixe dos tempos que estamos a vivir, non só en Galicia, no mundo enteiro.

O número 209 de GRIAL titúlase "Nova política?": con esa interrogante exprésase que na vertixe dos tempos que estamos a vivir, non só en Galicia, no mundo enteiro, formular certezas semella unha temeridade. O debate vénse presentando en termos bipolares: tempos vellos versus tempos novos, conflito xeracional, vellas e novas formas, vellas e novas ideas… Pero verdadeiramente podemos dicir que o que estamos a ver é realmente novo, algo que nunca antes sucedese? Que é o que está a acontecer? Os cinco ensaios que versan sobre o tema proposto —dos galegos Xaime Subiela e Grial Parga, o catalán Joan Subirats, o portugués Rui Tavares e o grego Iannis Varoufakis—, propoñen cadansúa reflexión cunha ollada aberta verbo dalgúns problemas que arestora nos conmocionan. No ensaio que abre este monográfico, Xaime Subiela cita a Giovanni Sartori: "O que a democracia é non pode ser separado do que a democracia debería ser". Este concepto do ideal, nunca totalmente acadado, define a grandeza e mesmo as limitacións da propia idea de democracia, e fai que cada xeración vaia construíndo (e criticando) a realidade da mesma, incluso a súa viabilidade, en función das súas experiencias e das súas expectativas. En termos dialécticos, a democracia é algo que se conquista todos os días e, xa que logo, algo que pode degradarse tamén todos os días. Porque, no fondo, sobre o que on ensaios deste número de GRIAL tratan é sobre as ameazas que se cernen sobre a democracia, os desafíos que supoñen esas ameazas e as posibilidades de responder a tales ameazas e desafíos con discursos, prácticas e proxectos políticos en estado de emerxencia.

____