Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA

€22,50
ISBN 9788416460359


No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e proporse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León. Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada ao coidado de Henrique Alvarellos que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta (cartas, telegramas, artigos ou fragmentos do seu primeiro libro Impresiones y paisajes, de 1918). Estamos ante un libro de viaxes moi especial que tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca. ITINERARIO DA VIAXE Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela —  A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia. Esta viaxe marcaría o primeiro contacto do futuro escritor coa lingua e a cultura galegas. Nun cambio de trens próximo a Redondela escoitan falar e cantar en galego, en concreto, uns versos de Rosalía de Castro. No mercado de Santa Susana, Luis Mariscal anota o refraneiro popular que escoita entre os vendedores, e mesmo intenta falar con algún deles. Almorzan en Ourense, pernoctan tres días en Santiago, un en Lugo e visitan tamén A Coruña. Estas cinco xornadas por Galicia deixarán en todo grupo unha pegada moi fonda, sobre todo en Federico García Lorca, que pouco despois (1918) publicará o seu primeiro libro onde describe Santiago e A Coruña; en 1919 dedica un poema a Rosalía de Castro e outro ao apóstolo Santiago. Visitará Galicia de novo tres veces máis en 1932 e esta empatía coa nosa cultura e lingua culminará en 1935 coa publicación do seu libro titulado Seis poemas galegos, na editorial Nós de Ánxel Casal, en Santiago de Compostela. Un fito para a cultura galega.

____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano