Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GHOST WORLD

€15,00
ISBN 9788419795793

A principios dos anos noventa, Enid e Rebecca, dúas mozas moi cínicas e intelixentes que acaban de terminar a secundaria, pasan os días de verán vagando sen rumbo pola súa vila, criticando a cultura popular e todas aquelas persoas coas que se van cruzando, mentres se cuestionan cal será o seu futuro.

Entre toques de comedia negra e drama, Daniel Clowes reflicte en Ghost
World o paso dunhas rapazas da infancia á vida adulta, capturando os seus meirandes desexos e temores.

TEMÁTICA: América, Amizade, Cómic, Ficción contemporánea, Humor

Daniel Clowes (Chicago, 1961) é ilustrador e guionista. Debutou no mundo do cómic en 1985, publicando en Love and Rockets, a revista dos Hernandez Bros. O seu primeiro cómic, Eightball, chegou no ano 1989. Dende entón, ademais de publicar varias novelas gráficas, dedicouse a elaborar ilustracións para revistas de moita sona, como The New Yorker ou Esquire, e mesmo carteis de cine e debuxos animados. Ghost World foi levada ao cine en 2001, co guión adaptado polo propio Clowes, o cal lle mereceu unha nominación aos Óscar.

____

Editorial: Rinoceronte 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 84
NOVELA GRÁFICA