Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GELRIA. CANTOS DE POETA

€21,90
ISBN WP4409
Gelria debuta por todo o alto co formato  libro-CD "Cantos de poetas". Cantos de poeta recolle un total de catorce poemas cuxa selección busca trazar un itinerario musical das diferentes etapas da poesía galega contemporánea.  

Gelria (que tira o seu nome do barco holandés no que embarcou Manuel Antonio) lanzará á venda o próximo 23 de abril o seu primeiro traballo discográfico. Baixo o título Cantos de poeta, o álbum percorrerá a historia da poesía galega contemporánea, desde o Rexurdimento até a actualidade a través dos versos de catorce poetas aos que lles poñerán música. A banda –creada en 2014 por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano)- estréase así cun proxecto que se presenta en formato de libro-disco acompañado de fotografías e ilustracións e no que, ademais, se incluirán as letras dos diferentes temas en galego, portugués, castelán e inglés. A banda Gelria debuta xa no mercado discográfico cun ambicioso proxecto. O vindeiro 23 de abril sae á venda Cantos de poeta, un álbum de debut no que o grupo percorre mediante catorce temas a historia da poesía galega desde o século XIX. Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra, Chus Pato ou, como non, o homenaxeado no Día das Letras, Manuel María, aparecen nas versións do trío composto por Elena Tarrats (voz), Mario G. Cortizo (percusión) e Federico Mosquera (piano). O álbum, autoeditado, preséntase en formato libro-CD con fotografías de Juan Luis Rúa e ilustracións de Sonia García Vidal, ademais de textos en varias linguas e unha introdución de Xosé Lois Romero, que tamén colaborou nalgún dos temas. Por se fose pouco, o propio Manuel Rivas achega no libro unha serie de textos orixinais que serven de conexión entre os diferentes poemas recollidos no proxecto. O proxecto gravouse ao vivo co equipamento da Radio Galega baixo a dirección de Pablo Barreiro e conta con colaboracións como as de Pablo Pérez, Rubén Fernández, Mariana Montero, María Montero e Alejandra Montero, Benxamín Otero, Cibrán Seixo ou Paula Santos entre outros.  

____