{"product_id":"gaza-un-xenocidio-televisado","title":"GAZA, UN XENOCIDIO TELEVISADO","description":"\u003cdiv\u003e\n\u003cp\u003eA barbarie xa non se oculta: emítese en directo.\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"font-size: 0.875rem;\"\u003eDesde o inicio do conflito, sentín a tentación de escribir, pero decateime axiña que certos acontecementos esixen distancia para ser comprendidos. Hegel falaba da curuxa de Minerva, que só alza o voo á noitiña: quere dicirse, que os acontecementos históricos só poden entenderse cando rematan.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003ePero Gaza non permite ese luxo. O que ocorre alí non é só un conflito; é unha traxedia en curso, un proceso sistemático de destrución, desprazamento e aniquilación. Chamalo polo seu nome –xenocidio–: é unha esixencia ética.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEste libro nace da negativa a permanecer en silencio. Inspirado na advertencia de Mary Fulbrook sobre as “sociedades de espectadores”, esa masa pasiva que presencia o horror sen actuar. A política do goberno israelí apunta con claridade á expulsión sistemática do pobo palestino de Gaza. E ante iso, escribir non é un xesto intelectual: é un acto de conciencia.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEste libro, modesto no seu alcance, quere ser un testemuño, unha denuncia, unha toma de posición. Porque fronte ao sufrimento dun pobo, a palabra tamén pode ser resistencia.\u003c\/p\u003e\n\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Medulia 10- 2025\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003cbr\u003ePáxinas: 158\u003cbr\u003eENSADIO\u003c\/p\u003e","brand":"Safa, Mohamed","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":51755431526747,"sku":null,"price":17.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/PORTADA-GAZA-PAXINA-WEB.webp?v=1763407936","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/products\/gaza-un-xenocidio-televisado","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}