GALICIA, UNHA ECONOMIA EUROPEA
En Galicia, unha economía europea faise unha análise polo miúdo das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades da economía galega na actualidade, tras máis de vinte anos de integración no espazo económico europeo. Luces e sombras que amosan un tecido produtivo que se transformou radicalmente mais que aínda non abonda para achegar a Galicia ás medias española e europea en benestar socioeconómico. Despois de vinte anos de integración no espazo económico europeo, urxe un traballo de revisión de estratexias públicas e privadas para equiparar o tecido produtivo galego á media europea. Neste libro, concibido desde un punto de vista divulgativo, achéganse un feixe de propostas nese senso.
ALBINO PRADA BLANCO
Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991[2], profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, foi membro do Consello Galego de Estatística, do Consello Económico e Social de Galicia e do Consello da Cultura Galega. Editor dos Documentos do Foro Económico de Galicia (2014-2018). Entre 2006-2018 foi columnista habitual de La Voz de Galicia[6]; colabora en medios como Luzes, Sin Permiso, Nós Diarioou Tempos Novos.
É membro do Consello Científico[10] de Attac España.
_____
Editorial: Galaxia 05-2009
Idioma: Galego